lunes, 26 de enero de 2009

XA ESTAMOS DE ENTROIDO!!!!

Xa queda moi pouco para o Entroido, só catro semanas, e en Seixebra xa nos estamos preparando: o venres foron os primeiros ensaios , peor que unha clase de aerobic; xa fixemos compras; temos o dos nenos encamiñado; pero aínda nos falta moita costura e moitas ideas. Veña cargade os ánimos que xa estamos de festa e temos moito que traballar!!

viernes, 16 de enero de 2009

Festival resaca2

Hola aquí estamos as do Power Point!! Mira que lle demos voltas... que se non topabamos a foto axeitada, que se non sabiamos cortar o video, que se Julia non saía en ningunha foto.... e os efectos!!! Ó final rematamos poñendo o primeiro efecto que aparecía, pero quedounos moi bonito. Algún día teremos que quedar para velas presentacións e o video, non??
Os Intrépidos, anque no ensaio lles saíu fatal, bailaron moi ben, aínda que botamos en falta a Pepe (que foi o noso cámara).
Uns pequenos con Seceda moi ben bailado, porque para sairlles mal xa lles saíu na Cabalgata.
A xeración perdida quere voltar a bailar. E Noa e Cova xa están ensaiando. Almudena, Verónica, Ricardo e Martín bailando mellor que antes. E un Javi todo orgulloso por bailar ao lado do seu irmán.Tocando Forcarei estaba un Rubén "amazing and very nervous", ese Rubéeeennnn..!!!
Dez anos despois retomamos "Concha" con cunchiñas, culleres e botellas de anís, a audiencia di que quedou moi bonito ( Alba facendo equilibrios coa lata para non caer).
Chegaron as novas xeracións bailando O Bolero, e fagan o que fagan son as estrelas do festival, pero ese día estiveron mellor que nunca!!
O inconfundible "Barro de Arén", dende logo os que máis medramos. Os berros eran máis potentes que hai 6anos e sería imposible volver poñer a roupa que levamos naquel concurso de Santiago. Martín recorda perfectamente como ser guía.
As gaitas soaron moi ben, os tambores tamén ( pero Sindo, ti xa sabes que te necesitamos!). A nosa peza preferida "Caneco con cambio a Pastoriza" (a nosa especialidade).
Caroi: Héctor nerviosito perdio, pero un condutor de baile fantástico; Julia e Cristina como se seguiran bailando, e Eloi bailando moi ben unha peza que non bailara na súa vida.
Rematamos con "Trasmonte", porque a "Cruzada" saía de pena. Aquí Seixebra en estado puro.

En resumo moi ben, moi emocionante. E Ana Rosa non chorou ( aínda que sexa unha chorona, gigi...) Ah, unha cousa o escenario quedounos moi bonito!!

Bicos seixebrunos!!! Mariña e Ana Rosa

miércoles, 14 de enero de 2009

RESACA DO DÉCIMO ANIVERSARIO

Hola! son eu, a dos resumes. Creo que os actos décimo aniversario nos quedaron moi ben, todo moi bonito e moi lucido, anque algúns botaban de menos uns pinchiños na exposición. A exposición preciosa, hai xente que pide que a poñamos no verán outra vez, supoño que será unha boa excusa para poder vir toda a tarde para Santa Lucía , non?
O festival polo que contan fíxose curto e as letras do Power Point non se nos vían ben, ¡despois do traballiño que pasamos, Mariña!
Continuamos noutro momento que teño clase. Bicos a tod@s

viernes, 2 de enero de 2009

FESTIVAL CONMEMORATIVO "DEZ ANOS DE SEIXEBRA"

Sábado, 3 de xaneiro ás 20:00 horas, baixo unha carpa, no patio da Casa de Cultura ADR Castelao, de Moraña, festival para conmemorar esta década con antigos membros de Seixebra.