domingo, 22 de noviembre de 2009

Entrevista Ana Rosa: «Só un mandil pode custar 90 euros, facelo leva tempo pero queda bonito»

Velaquí deixo a entrevista que lle fixo Cristina Barral de La Voz a Ana Rosa con motivo dos obradoiros que Seixebra organizou para os meses de outubro e novembro.

Saúdos!

ANA ROSA VIDAL Presidenta da Asociación Cultural Seixebra
Autora: Cristina Barral
Xornal: La Voz de Galicia
Link: http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2009/11/22/0003_8123112.htm

Ana Rosa Vidal, mestra de profesión, preside desde a súa fundación hai dez anos a Asociación Cultural Seixebra de Moraña. Tamén imparte cursos de exaltación do traxe galego. Para o 2010 pensa xa en clases de elaboración de pendentes.
-¿Cantos socios ten o colectivo?
-Neste momento unhas cincuenta persoas, desde nenos ata xente de 50 anos. A asociación xurdiu dunhas clases de pandeireta que houbo en Moraña e a partir de aí montouse un grupo. Ao principio eramos dez persoas.
-Este outono impartiu cursos de bordado de abelorios e pasamanería. ¿Que tal foi?
-Moi ben, nos dous casos cubríronse todas as prazas e no de bordado quedou xente fóra. A xente aprendeu a facer colares tradicionais con bolas de acibeche e tamén bordados de pasamanería, que son esas puntillas negras que van por riba.
-¿Como aprendeu vostede a facer estas cousas?
-Empecei no baile xa maior, con vinte anos. A miña asignatura pendente era o baile galego. Movéndome no mundo do folclore deime conta de que me gustaba e empecei a investigar para saber. Preguntando cheguei ao Museo do Pobo Galego... Eu fago cousiñas e coa xente máis nova do grupo o que pretendemos é manter os traxes.
-¿Canto custa un bo traxe galego?
-Todo depende do que se queira gastar. Só un mandil bordado pode custar 90 euros. Facelo leva moito tempo, pero queda moi bonito.

lunes, 26 de octubre de 2009

De obradoiro en obradoiro


Da pasamanería bordada pasamos á elegancia dos colares. Si, porque o venres, 30 de outubro é o último día do curso de pasamanería bordada que da paso ao obradoiro de colares, previsto para todos os venres de novembro.

Estas xornadas didácticas, xunto coas actuacións do grupo, son un exemplo do labor de recuperación e exaltación da vestimenta popular, un dos principais cometidos de Seixebra.

Velaquí un exemplo gráfico breve.

sábado, 24 de octubre de 2009

Alba está traballando....

Como se nota que a nosa Alba empezou a traballar e anda moi ocupada, non fixo ningunha entrada, non comentou o noso obradoiro de bordado, non colgou ningunha foto do obradoiro....nada, teremos que deixarlle que se aclimate ó seu novo espazo e logo que nos dedique un pouquiño do seu tempo.
A todos os demais recordarvos que no mes de novembro temos obradoiro de colares e que as prazas son limitadas, 30 persoas de máis de 13 anos, o prazo de matrícula abre o día 2 de novembro. Bicos a tod@s

miércoles, 16 de septiembre de 2009

NOVA TEMPADA. CURSO 2009-2010

Por aquí aparecemos de novo despois dos días de agosto, das vacacións de cada un, do verán de actuacións...

Setembro e outubro son bos meses para novas incorporacións ao grupo e ir pensando actividades que se poidan realizar en Seixebra.
Xa estamos preparando novos bailes, novas pezas de música, novas cancións... e máis. Así que a ver en qué resulta este curso. O mellor comprobante: sobre os escenarios.

Un saúdo a tod@s!!

sábado, 1 de agosto de 2009

jueves, 30 de julio de 2009

E DESPOIS DO VI FESTIVAL E DO CARNEIRO A COUSA CONTINÚA





Velaquí deixo unhas fotiños do festival do 18 de xullo, concretamente son as que aparecen no CARNEIBLOG. Saimos os tres grupos.
Aproveito esta entrada para animar a xente a subir máis fotos e VÍDEOS de actuacións e cousas varias de Seixebra. Se alguén está disposto que fale comigo (Alba), pois este espazo é para participar todos. Así que animádevos, que a cousa continúa!!

domingo, 12 de julio de 2009

CRÓNICA DA VIAXE

Xa estamos de volta e coma sempre aquí está a miña crónica.
Saímos según o horario previsto cara a Lugo e dúas horiñas de autobús non son nada. Chegamos, repartimos os cuartos, ensaiamos, ceamos e fomos dar unha volta (antes de nada buscar un parque, que non hai excursión en Seixebra sen que probemos os parques alá donde vaiamos). Un pouco de ruído pola noite, desfile de pijamas, cambios de cuartos,...
Levantámonos ás 8 ( o almorzo era ás 8:30) e despois, sesión de peluquería. Xe temos organizado o traballo en cadena:
  • Molladoras e desenredadoras.
  • Engominadoras.
  • Trenzadoras e moñera (traballo especializado de Susana).
  • Laqueadoras.
Ás 11 xa estabamos todas peinadas e coas maletas no autobús. Paseo por Lugo: paseo pola muralla, tendas, sala de xogos, catedral (anque según Anita ela non vai a Lugo para ver igrexas que para iso xa vai a San Lourenzo), pinchos (os Intrépidos vamos a volver só para ir ós pinchos), e parque, of course.
Comemos no albergue e saímos cara Fabero: sair do autobús e unha calor,... descarga do autobús en cadena (aínda non o temos moi dominado), empezamos a cambiarnos e empezamos a descubrir tamén que somos un grupo de verdade.Somos moitos, ben vestidos e moi ben peinados lucimos un montón.
Pasacalles polo pobo, ás seís da tarde cunha calor abafante ( aquí fantástico o noso Antonio comprándonos augas e indo detrás nosa para que non nos deshidratasemos), menos mal que tocabamos de últimos e cando nos tocou bailar xa case daba a sombra na plaza. Antes da nosa actuación temos que falar da actuaión estelar de Miguelito que se estreou como artista invitado cos de Sarria saíndo moi airoso da súa intervención.
A actuación saiunos bastante ben : iamos un pouco de sobrados e os sorrisos e o bo rollo fan que os fallos non se noten. Antes de sair da actuación xa nos estaban pedindo a teléfono para outro intercambio, todo un éxito. Cambiamonos e xa empezamos a cantar e non paramos ata chegar ó hotel : onda o autobús, na plaza, nos pinchos, fora dos pinchos, no autobús,...everywhere!!! Moi bo rollo, moito baile e moitas risas. O mellor:
  • Yo quisiera que sepas, parapapá...
  • O Miudiño de Mar.
  • Os pinchos moi bos, xa nos temos que esmerar nos nosos.
  • O bo ambiente cos outros grupos.
  • Todo o que bailamos, descubrimos que Albita (síntoo pero vaiche quedar o nome) é unha bailarina fantástica,sempre metida na roda e pillando todos os puntos.
  • O noso himmo: As cunchiñas.
  • O noitebús coa festa dos anos sesenta.
Durmimos no hotel Madrid en Ponferrada e ás 2 da mañán tivemos que facer un rearrange porque nos faltaba unha das habitacións triples. Almorzamos moi ben e fomos ver o castelo dos templarios ( tempo para a sala de xogos e compras), comemos no hotel, Xoel soprou as velas do seu 13 aniversario e seguimos a viaxe cara a Chantada onde nos esperaba o profe Gaby para levarnos á súa piscina (según palabras de Xiana).
Despois do baño e da terracita, collemos a viaxe de volta cara a casa. A partir de Lalín empezou a chover e nos todos en chanclas ( Sindo encantado, a calor non é para el). Chegamos arredor das nove e non moi cansos, unha viaxe moi relaxada.
CRÓNICA RÁPIDA:
O peor:
-
Levantarnos en Lugo ás 8.
- Que as habitacións fosen de 2 e 3. A nos gústanos durmir ó mogollón.
- Algunhas caras. Creo que non fai falta que diga máis o que se sinta aludido/a que pense un pouco e se quere, falamos.
O mellor:
-
O noso condutor: Antonio querémoste.
- Cada día gústame máis ir de viaxe convosco.
- O grupazo que estamos conseguindo.
- O que me axudades con Xiana.
- TODO.

Xa non falta tanto para que Xiana baile neste grupo así que, se fomos capaces de chegar ata aquí, axudádeme a conseguilo. Bicos a todos.




miércoles, 8 de julio de 2009

VI FESTIVAL CARNEIRO Ó ESPETO


Despois da fin de semana que pasaremos na provincia de León (lembrade sábado 11 de xullo Seixebra actúa en Fabero), á semana seguinte temos unha nova cita co folclore, pero desta vez nós seremos os anfitrións.



O sábado 18 de xullo Seixebra celebra o seu VI festival enmarcado no programa de actividades do Carneiro ó Espeto. Este ano, por primeira vez contamos coa participación de grupos de fóra de Galicia. Os convidados son o Grupo Folclórico do Concejo de Onís (Asturias) ea agrupación San Blas de Fabero (León). A entrada é de balde.



Data: sábado 18 de xullo de 2009

Hora: a partir das 20:30 horas

Lugar: Patio traseiro da Casa de Cultura ADR Castelao (Moraña)



Estades todos convidados a vir e tamén convidados a convidar a xente!




lunes, 22 de junio de 2009

CONTA ATRÁS PARA FABERO

Só quedan 18 días para que Seixebra saque puntos e cancións en terras de León, o noso primeiro intercambio de 2009. Esperamos que deste saian outros, pois así son as cousas. Concretamente este é froito da nosa actuación en Benia de Onís (Asturias), non hai nada coma facer contactos para viaxar.

Antes desta esperada saída, sábado 27 de xuño temos a primeira actuación de verán e de aí enganchamos case todas as fins de semana e festas da zona. Así que mozos/as de Seixebra collede folgos e empezade a gozar do recén chegado verán!!

miércoles, 13 de mayo de 2009

ARRIEIROS DE MORAÑA


Arrieiros de Moraña foi un dos cantos que soou onte no programa Alalá da TVG a través das voces de Cántigas da Terra.
Como moitos de vós sabedes, este foi un oficio de fama no noso concello, xa que os arrieiros de Moraña eran os que transportaban o viño para as tabernas dende as terras ourensás de O Ribeiro.
Conta Xosé Luis Barreiro Rivas nun artigo do nºVI da revista cultural Cotaredo de Forcarei, que a finais do S. XIX os arrieiros morañeses que ían polo Paraño arriba se detían nas fondas de Vilapouca (Forcarei) a comer carne richada. De aí que por estas terras (Forcarei, Cerdedo, etc) algúns dos máis maiores lembren e ensinen a letra e música do cantar do arrieiro. Unha letra que ao ir de boca en boca, ás veces sofre modificacións pero que vale a pena transmitir para que non desapareza no aire.
Diso, ademais de Cántigas da Terra, tamén se encargaron outros como o músico Emilio Cao que rexistrou unha versión deste canto no seu disco Fonte do Araño (1977).

Qué contades vós deste legado?
Eu voto por que sexa unha peza especial (con selo propio) no repertorio de Seixebra e que nós a recuperemos en Moraña co noso estilo.

P.D. Se queredes ver o programa Alalá de onte (12-05-09) podedes facelo en: http://www.crtvg.es/TVGacarta/?prog=7

lunes, 27 de abril de 2009

INTROTERRA

Para aqueles de Seixebra que estean interesados informarlles de que: este mes de abril Pepe Vaamonde Grupo (PVG) sacou á luz o seu último traballo discográfico Introterra , composto de 11 temas que amosan de xeito conciso as raíces desta formación nacida para a música en directo.

PVG está a dar a coñecer o seu novo disco por terras galegas a través dunha xira que comezou na Coruña e que continuará por Pontevedra, Santiago de Compostela e Lugo.

Este xoves, 30 de abril a partir das 21:00 horas poderemos velos en concerto no Teatro Principal de Pontevedra. O evento tamén contará coa participación de varios dos músicos que colaboraron na gravación de Introterra.

martes, 21 de abril de 2009

13 lúas en Ghastas Pista

Informo para quen lle interese, de que a última entrada deste blog, a de 13 lúas, disco no que entre outros rapaces participan algúns da AC Seixebra, foi subida á web de ghastas pista por Xan Rolei. Se queredes vela seguide este link.

http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=1084&tipo=publicacions

Un saúdo

Alba

jueves, 9 de abril de 2009

AS VOCES DOS NOSOS NENOS EN TRECE LÚAS


O pasado 3 de abril a Asociación de Gaiteiros Galegos presentou o seu novo traballo audiovisual Trece Lúas. Isto significa que os pais e nais de Seixebra xa poden escoitar as voces dos seus fillos nas cancións que se corresponden cos meses de xuño, xullo e novembro. Ademais tamén temos a oportunidade de velos falando sobre os distintos meses do ano no DVD que acompaña o CD.

O mes de Xuño con Flor da auga é un solo de María que merece a pena escoitar. En xullo xa podemos sentir as voces dos outros protagonistas cantando ao ritmo da Palmeira: Xián, Ana, Diego, Pedro,Miguel, Lucía, Marta e Nuria. Eles todos tamén prestan as súas voces para cantarlle ao San Andrés no mes de novembro.

Dende Seixebra aplaudimos a todos os nenos e nenas que participaron no disco, porque este traballo é un exemplo para achegar aos máis novos un anaco do que somos e do que queremos seguir sendo.
A qué esperades para escoitalo?

miércoles, 1 de abril de 2009

PROXIMA PARADA : LEÓN

Hola! xa estamos preparando a nova viaxe así que reservade na vosa axenda os días 10, 11 e 12 de xullo porque vamos a estar en León. biqiños a tod@s.

miércoles, 25 de febrero de 2009

Primeiro premio para as animadoras!!!



Ahí vos vai unha foto das nosas fantásticas animadoras, pero nada como velas ó vivo. Se perdestes a oportunidade de velas en Moraña, non desaproveitedes a ocasión de velas en Campo Lameiro o próximo sábado.Hai moito nivel pero,... será quen Pichi de unirse ó grupo?

lunes, 26 de enero de 2009

XA ESTAMOS DE ENTROIDO!!!!

Xa queda moi pouco para o Entroido, só catro semanas, e en Seixebra xa nos estamos preparando: o venres foron os primeiros ensaios , peor que unha clase de aerobic; xa fixemos compras; temos o dos nenos encamiñado; pero aínda nos falta moita costura e moitas ideas. Veña cargade os ánimos que xa estamos de festa e temos moito que traballar!!

viernes, 16 de enero de 2009

Festival resaca2

Hola aquí estamos as do Power Point!! Mira que lle demos voltas... que se non topabamos a foto axeitada, que se non sabiamos cortar o video, que se Julia non saía en ningunha foto.... e os efectos!!! Ó final rematamos poñendo o primeiro efecto que aparecía, pero quedounos moi bonito. Algún día teremos que quedar para velas presentacións e o video, non??
Os Intrépidos, anque no ensaio lles saíu fatal, bailaron moi ben, aínda que botamos en falta a Pepe (que foi o noso cámara).
Uns pequenos con Seceda moi ben bailado, porque para sairlles mal xa lles saíu na Cabalgata.
A xeración perdida quere voltar a bailar. E Noa e Cova xa están ensaiando. Almudena, Verónica, Ricardo e Martín bailando mellor que antes. E un Javi todo orgulloso por bailar ao lado do seu irmán.Tocando Forcarei estaba un Rubén "amazing and very nervous", ese Rubéeeennnn..!!!
Dez anos despois retomamos "Concha" con cunchiñas, culleres e botellas de anís, a audiencia di que quedou moi bonito ( Alba facendo equilibrios coa lata para non caer).
Chegaron as novas xeracións bailando O Bolero, e fagan o que fagan son as estrelas do festival, pero ese día estiveron mellor que nunca!!
O inconfundible "Barro de Arén", dende logo os que máis medramos. Os berros eran máis potentes que hai 6anos e sería imposible volver poñer a roupa que levamos naquel concurso de Santiago. Martín recorda perfectamente como ser guía.
As gaitas soaron moi ben, os tambores tamén ( pero Sindo, ti xa sabes que te necesitamos!). A nosa peza preferida "Caneco con cambio a Pastoriza" (a nosa especialidade).
Caroi: Héctor nerviosito perdio, pero un condutor de baile fantástico; Julia e Cristina como se seguiran bailando, e Eloi bailando moi ben unha peza que non bailara na súa vida.
Rematamos con "Trasmonte", porque a "Cruzada" saía de pena. Aquí Seixebra en estado puro.

En resumo moi ben, moi emocionante. E Ana Rosa non chorou ( aínda que sexa unha chorona, gigi...) Ah, unha cousa o escenario quedounos moi bonito!!

Bicos seixebrunos!!! Mariña e Ana Rosa

miércoles, 14 de enero de 2009

RESACA DO DÉCIMO ANIVERSARIO

Hola! son eu, a dos resumes. Creo que os actos décimo aniversario nos quedaron moi ben, todo moi bonito e moi lucido, anque algúns botaban de menos uns pinchiños na exposición. A exposición preciosa, hai xente que pide que a poñamos no verán outra vez, supoño que será unha boa excusa para poder vir toda a tarde para Santa Lucía , non?
O festival polo que contan fíxose curto e as letras do Power Point non se nos vían ben, ¡despois do traballiño que pasamos, Mariña!
Continuamos noutro momento que teño clase. Bicos a tod@s

viernes, 2 de enero de 2009

FESTIVAL CONMEMORATIVO "DEZ ANOS DE SEIXEBRA"

Sábado, 3 de xaneiro ás 20:00 horas, baixo unha carpa, no patio da Casa de Cultura ADR Castelao, de Moraña, festival para conmemorar esta década con antigos membros de Seixebra.