miércoles, 26 de noviembre de 2008

UN ANO DE BLOG

Como se adoita dicir moitas veces...o tempo voa! Seixebra xa leva un ano na rede. Fíxoo concretamente o 20 de novembro, así, sen que nos decatásemos.

Aproveitamos para dar as grazas a todos aqueles que se animaron a aturuxar, e a aqueles que non o fixeron neste primeiro ano... a qué esperades? Xa sabedes que festa sen aturuxos... non é o mesmo.

lunes, 24 de noviembre de 2008

SÁBADO 29: PRIMEIRO ENSAIO DE REENCONTRO

Esa é a data escollida para que algúns dos antigos membros de Seixebra se xunten co resto do grupo para ensaiar a actuación do 10º aniversario, porque como sabedes... queremos que sexa especial. Un resumido repaso dos dez anos de vida de Seixebra a través da actuación de xaneiro na que se recuperarán bailes, cancións e melodías que marcaron os comenzos e a historia do grupo.

O sábado tivemos a primeira reunión para saber quén embarcaba nesta iniciativa que todo o grupo afronta con ilusión. Ás 21:30 horas, no local do Buelo, algunhas tímidas voces empezaban a suxerir qué pezas se poderían recordar.

A data escollida para empezar a quencer motores é o sábado 29 de novembro, ás 20:00 horas no local do Buelo. Velaquí os primeiros pasos desta celebración á que daremos continuidade tamén na rede así que.... en marchaaa!!

P.D E para continuar rompendo o xeo e facer a festa máis rica, pregunto aos que asistiron: qué vos pareceu a reunión do outro día? Ala, a aturuxarrrr

lunes, 10 de noviembre de 2008

LEILÍA + BARBOD + MOHAMMED EL SAYED no Centro Social Caixa Nova

Velaquí nova entrada coa información que deixou Pichi nun dos aturuxos. Quen se anime a ir, despois tamén pode animarse a deixar comentarios sobre este concerto aquí.

Este venres, 14 de novembro, en Pontevedra, quen o desexe pode desfrutar da música das padereteiras de Leilía ademais da de Barbod de Irán, e da de Mohammed El Sayed de Exipto. É unha actuación enmarcada no "DUF - V ENCONTRO INTERNACIONAL DE PANDEIROS DE MAO" organizado pola Central Folque.

O concerto terá lugar no Auditorio Centro Social de Caixa Nova ás 20:00 horas. Entrada gratuita.