sábado, 12 de enero de 2008

PROPOSTA PARA COMPLETAR O ÁLBUM

Boas ás persoas que vexades isto!! Como agora Seixebra ten un espazo de fotos en Picasa (http://picasaweb.google.com/seixebra), anímovos a que xuntedes fotos do grupo para clasificalas e subilas á rede. Pódense crear álbumes segundo o ano, a temática, por exemplo: entroido, festivais, Nadal... e todo o que se nos ocorra.
O mellor sería que un CD regravable se turnase entre aqueles do grupo que teñen fotos para que gravasen as súas e así xuntalas (non teñen que ser todas eee!!!, podedes escoller). Despois toca seleccionalas e subilas á rede. Pode quedar un traballo de compilación chulo. ¿Que dicides?

miércoles, 9 de enero de 2008

Preparados para o entroido?

Non queda nada para o entroido e aínda non sabemos de que vamos a ir disfrazados, o ano da tribo Massai foi un éxito, pintar os collares de macarrons, ensaiar o baile, buscar bidóns de lata para os tambores, ensaiar as percusións,... creo que foi un dos anos que mellor o pasamos.

PASOS DE 2008

Vai sendo hora de que Seixebra de sinais de vida en 2008. Xa había tempo que non se escribía por aquí e hai que retomalo.
Un ano máis quedan atrás os cantos de Reis que o grupo vai interpretando porta a porta. En Moraña xa somos máis que coñecidos porque foron moitas as casas nas que deixamos as nosas melodías, o son da pandeireta, a botella de anís, as cunchas, o acordeón, as cucharas...Todo para acompañar ás voces dos cantos que antigamente outras xentes difundían. É bonito conservar a tradición. As letras da parroquia de Santa Cruz, en Moraña e de Beariz (Ourense), entre outras, acompañan ao grupo dende hai cinco ou seis anos.

Desta vez, o catro de xaneiro, foron os da aldea de Sabadín os que abriron as portas para escoitar.
Ao día seguinte celebrábase a Cabalgata, este ano no pavillón debido á choiva. Alí tamén estivemos, noutra cita fixa.